Dossier de colaboración

Cascarilla Tech

Dossier de colaboración para empresas

Nacemos co desexo de axudar nas relacións entre os diferentes actores da tecnoloxía da comarca. Proporcionamos soporte xurídico e estrutural para as comunidades tecnolóxicas que o precisen.

A Coruña asociacion@cascarillatech.org

01 Quen somos

Quen somos

Cascarilla Tech é unha asociación sen ánimo de lucro constituída en marzo de 2026 na Coruña, ao abeiro do artigo 22 da Constitución Española e da Lei Orgánica 1/2002, reguladora do dereito de asociación. Durante estes meses estivemos a realizar as diferentes actuacións burocráticas para establecer o punto de partida da entidade o 1 de setembro de 2026.

Nacemos para servir de fío transversal aos diferentes integrantes do ecosistema tecnolóxico. Poñemos á disposición das comunidades que o precisen o soporte xurídico e estrutural. Poñemos á disposición das empresas un ecosistema e a posibilidade de organizar xornadas conxuntas.

Traballamos cunha organización horizontal e coas nosas actividades abertas e gratuítas dentro do posible. Non vendemos datos, non xeramos beneficios e procuramos que todo o material que producimos se publique con licenzas abertas.

Fins estatutarios

  • Promover o uso da tecnoloxía en todos os ámbitos da sociedade.
  • Formar e educar a cidadanía en aspectos tecnolóxicos.
  • Colaborar con outras entidades e comunidades tecnolóxicas de propósitos afíns.
  • Fomentar o uso do galego no ámbito tecnolóxico.

Xunta directiva

Retrato de Alberto Sánchez

Alberto Sánchez

Presidente

Retrato de José López

José López

Vicepresidente

Retrato de Marta Diz

Marta Diz

Secretaria

Retrato de Abel Crespo

Abel Crespo

Tesoureiro

Coruña JUG

Coruña JUG é a comunidade técnica arredor de Java e da JVM (Java, Groovy, Scala, Kotlin) nacida na Coruña. Organiza charlas e meetups de xeito recorrente e ten experiencia previa traballando con empresas patrocinadoras.

É a comunidade fundadora que impulsa a actividade baixo o paraugas de Cascarilla Tech.

02 O contexto

Por que existimos

Cascarilla Tech nace para resolver dous problemas concretos da contorna tecnolóxica galega.

O problema

Comunidades con actividade real e sen estrutura legal

En A Coruña hai comunidades tecnolóxicas activas que xeran actividade real —charlas, obradoiros, encontros—, pero que non teñen capacidade legal nin administrativa propia para facturar, asinar convenios ou recibir patrocinios. Constituír unha asociación provoca unha serie de necesidades e burocracias que a maioría non pode asumir.

A nosa resposta

Cascarilla Tech achega esa estrutura: as comunidades seguen a facer o seu traballo e nós ocupámonos da parte formal.

O problema

Empresas que queren organizar unha xornada fóra da súa marca

Hai empresas que queren organizar un evento propio, de calquera tipo, sen vinculalo á súa actividade habitual nin á súa propia marca.

A nosa resposta

Cascarilla Tech pode actuar como estrutura anfitrioa e dar cobertura organizativa a esa iniciativa.

03 Folla de ruta

Que vén despois

Estas son as actividades que temos sobre a mesa para os vindeiros meses.

Ningunha delas está pechada. Datas, formatos e sedes son orientativos e poden cambiar. Este apartado describe intencións, non compromisos.

As charlas de Coruña JUG

Continuamos a organizar a charla mensual de Coruña JUG.

Estado Datas e sede (Odeene, Cidade das TIC). Cada mes anunciaremos a data que corresponda.

Público esperado 25-40 persoas

Un día con IA

Xornada para conectar comunidade, coñecemento e empresas da Coruña, cun formato de keynote, charlas e espazo de networking. Organízase xunto con Coruña JUG.

Estado Data e sede tentativas (Odeene, Cidade das TIC). Sen pechar.

Público esperado 50-75 persoas

Openspace sobre tecnoloxía

Xornada en formato openspace: a axenda constrúena as persoas asistentes ao comezo do día.

Estado Data e sede sen fixar.

Público esperado 50-75 persoas

Mesa redonda sobre a problemática de contratación

Debate arredor dos retos de contratación de perfís tecnolóxicos en Galicia.

Estado Data, formato e participantes sen fixar.

Público esperado 50-75 persoas

Para poñer as cifras en contexto: as charlas e meetups habituais de Coruña JUG moven entre 30 e 50 persoas. O rango de 50 a 75 é a nosa expectativa para os eventos non habituais.

04 Empresas

Formas de colaborar

Estas son as formas de colaborar coas nosas actividades. Podedes escoller unha ou ambas as dúas.

Colaboración estrutural

Se buscades unha relación continuada coa asociación, falamos e establecemos entre todos a forma de colaboración que mellor se adapte a vós.

Colaboración puntual, evento a evento

Se preferides decidir caso a caso, abrimos un canal de comunicación con vós e avisámosvos de cada actividade, para que elixades libremente se queredes participar.

Non fixamos importes nin categorías de patrocinio: cada entidade achega o que considere oportuno e calquera achega é benvida.

Forma de colaboración Que ofrecemos a cambio

Económica ou en especie (diñeiro, espazo, catering, material — o trato é o mesmo nos dous casos)

Logo como entidade colaboradora no dossier e na web do evento, roll-up visible na sede o día do evento, e mención nas redes sociais e na comunicación do evento.

Stand no evento

Espazo físico durante a xornada para contactar directamente coa comunidade: developers e perfís técnicos locais.

As charlas do programa ofrécense de xeito altruísta por parte de quen quere compartir coñecemento. Non están vinculadas a ningún tipo de colaboración económica.

Non vos imos prometer un gran evento de networking internacional nin miles de asistentes. O que vos ofrecemos é entrar no xerme dunha comunidade tecnolóxica local que empeza a organizarse con vocación de crecer, e aparecer desde o primeiro día como quen o fixo posible. Sen a vosa colaboración, a mesa para xuntarnos vai quedar coxa.

Grazas a quen xa colabora con nós — e aínda queda sitio para máis.

05 Falemos

Contacto

Se queredes colaborar, propoñer unha idea ou coñecernos antes de decidir, escribídenos.

Falemos