Faite socio/a de Cascarilla Tech
Se che gusta o que facemos e queres botarnos unha man para seguir organizando eventos, charlas e todo o demais, facerte socio/a é o xeito máis directo de apoiarnos. Non fai falla ser un crack da programación nin ter un currículum quilométrico: chega con ter gañas de sumar ao ecosistema tecnolóxico de A Coruña.
Que implica ser socio/a?
- Participar: tes voz e voto nas actividades e nos órganos de goberno da asociación.
- Estar informado/a: sabes en todo momento como funciona a asociación e quen a dirixe.
- Compartir os fins: apoias os obxectivos que tes en Quen somos — promover a tecnoloxía, formar á cidadanía e impulsar o galego no ámbito tech, entre outros.
- Pagar a túa cota: a achega económica que nos permite seguir organizando cousas (ver abaixo).
- Cumprir os acordos: os que se tomen validamente nos órganos da asociación (nada raro, o normal en calquera asociación).
Isto resume o que marca a Lei Orgánica 1/2002 reguladora do Dereito de Asociación sobre dereitos e deberes dos socios/as. Se tes 14 anos ou máis podes asociarte, pero se es menor de idade precisas o consentimento documentado de nais, pais ou titores/as legais.
Canto custa?
Short
16 €
Se es estudante, estás sen traballo, ou simplemente sentes que 32 € é moito. Non che imos pedir xustificante — confiamos en ti.
Int
32 €
A cota estándar, a que che recomendamos se podes permitítela sen problema.
Long
64 €
Se queres botarnos unha manciña extra e axudar a que cheguemos máis lonxe.
A cota é anual e o pagamento faise por transferencia bancaria. Non publicamos o número de conta aquí por seguridade: proporcionarémoscho unha vez recibamos a túa solicitude de alta.
Como funciona a admisión?
- Cubres a túa solicitude de alta cos teus datos.
- A Xunta Directiva revisa a solicitude — basicamente para comprobar que non hai duplicados nin ningún tipo de incompatibilidade.
- Confirmámosche a alta e xa formas parte de Cascarilla Tech. Benvido/a!
Ao completar a solicitude de alta aceptas os nosos Termos e condicións de alta. Os datos persoais que nos facilites trataranse conforme á nosa Política de Privacidade.