Poñente confirmado para Un día con IA!
O 21 de novembro contaremos con Julián Cerviño Iglesia, Director de Data & AI para Health & Social Care en NTT DATA Europe & Latam, que nos falará de retos e oportunidades da intelixencia artificial na saúde.
🎤 A charla: Intelixencia Artificial: retos e oportunidades en Saúde
A intelixencia artificial xa ocupa a nosa vida en tódolos ámbitos. A saúde e ós servizos sociais non escapan, un gran poder conleva unha grande responsabilidade. Temos tamén moitas preguntas. Nesta charla botaremos unha ollada práctica a onde pode axudar de verdade, que retos hai que resolver (datos, confianza, regulación) e como aproveitar as oportunidades sen perder de vista o que importa: as persoas.
👤 Quen é Julián
Director de Data & AI para Health & Social Care en NTT DATA Europe & Latam, onde lidera iniciativas de datos e intelixencia artificial para transformar os servizos sanitarios e sociais desde unha perspectiva baseada na evidencia e no valor.
Antes de incorporarse a NTT DATA, foi director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), máximo responsable da política dixital da Xunta de Galicia, onde impulsou a Estratexia Dixital do goberno e promoveu a primeira lei autonómica sobre intelixencia artificial (Lei 2/2025).
Cunha traxectoria que inclúe a creación e dirección da empresa tecnolóxica Queres Tecnologías e responsabilidades en consultoría IT, achega máis de dúas décadas de experiencia en liderado tecnolóxico, goberno do dato e transformación dixital no sector público e privado.
Podes seguilo en LinkedIn.
🎟️ Entradas
Xa hai entradas á venda por 20 € (o importe destínase integramente á comida). Os socios e socias de Cascarilla Tech teñen desconto: faite socio/a e escríbenos para solicitalo.
Ver axenda, charlas e mercar a túa entrada →
Xa temos os catro poñentes confirmados!