Odeene é a primeira empresa colaboradora de Un día con IA!
Moitísimas grazas por confiar en nós e por apostar pola comunidade tecnolóxica de A Coruña.
🤝 Sen vós non sería posible
Eventos coma este só saen adiante cando hai empresas que apoian a comunidade. O 21 de novembro Un día con IA celebrarase nas oficinas de Odeene, na Cidade das TIC, e a súa colaboración é a que nos permite montar a xornada.
Desde Cascarilla Tech e Coruña JUG só nos queda dicirvos: grazas, grazas e mil grazas!
📅 Xa tes a túa entrada?
Un día con IA será o 21 de novembro de 2026, de 9:00 a 18:30. A entrada custa 20 € (o importe destínase integramente á comida) e as socias e socios de Cascarilla Tech teñen desconto.
Ver axenda, charlas e mercar a túa entrada →
💡 A túa empresa quere sumarse? Escríbenos e vemos a forma de colaborar no evento.
