Primeiro poñente confirmado para Un día con IA!
O 21 de novembro contaremos con Roberto Garcia Navarro, que nos falará de por que entender o negocio importa máis que nunca cando o código sae case de balde.

Foto de Roberto Garcia Navarro

🎤 A charla: Code Is Cheap. Understanding the Business Isn’t.

Esta charla presenta a Slop Grenade: cambios asistidos por IA que compilan, pasan os tests e parecen razoables, pero fan que o sistema sexa máis difícil de entender e modificar.

Veremos por que a arquitectura importa aínda máis no desenvolvemento con axentes, como os límites reducen o contexto necesario para facer cambios seguros e como DDD e Ports and Adapters separan as regras de negocio da tecnoloxía.

👤 Quen é Roberto

Enxeñeiro de software con máis de 10 anos de experiencia en backend e arquitectura de software, actualmente traballando como Platform Engineer en Zephyr Cloud. Namorado da filosofía software craftsmanship, das arquitecturas limpas e da infraestrutura, e agora entusiasta da IA e de todo o que xira arredor do desenvolvemento guiado por axentes.

Podes seguilo en LinkedIn e en X.

🎟️ Entradas

Xa hai entradas á venda por 20 € (o importe destínase integramente á comida). Os socios e socias de Cascarilla Tech teñen desconto: faite socio/a e escríbenos para solicitalo.

Ver axenda, charlas e mercar a túa entrada →

Seguiremos anunciando o resto de poñentes moi pronto!