Quen somos
Cascarilla Tech é unha organización de natureza asociativa e sen ánimo de lucro.
Calos son os nosos obxectivos?
Os obxectivos principais da nosa asociación son os seguintes:
- Promover a tecnoloxía: Fomentar o emprego da tecnoloxía en tódolos ámbitos da sociedade.
- Formación cidadá: Formar e educar á cidadanía en aspectos relacionados coa tecnoloxía.
- Formación do profesorado: Formar ó profesorado na Comunidade Autónoma de Galicia, regulado polas actividades de formación permanente.
- Actividades para asociados: Realizar e promover actividades de todo tipo encamiñadas a cubrir as necesidades dos asociados e achegar recursos para os fins fundacionais.
- Colaboración: Participar conxuntamente con outras entidades, comunidades tecnolóxicas ou asociacións que teñan propósitos afíns.
- Impulso da lingua: Promover e fomentar o uso do galego nos eidos tecnolóxicos.
Que Facemos?
Para levar a cabo os nosos fins estruturamos e organizamos diversas actividades:
- Eventos e divulgación: Conferencias, foros, encontros e xornadas relacionadas cos fins da asociación.
- Educación: Cursos ou obradoiros de formación básica e especializada sobre os temas de traballo e interese.
- Sinerxias: Colaboración con proxectos e actividades de outros grupos semellantes.
- Viaxes tecnolóxicas: Organización de viaxes a conferencias, congresos e acontecementos relacionados cos propósitos da asociación.
- Outras iniciativas: Calquera outra actividade lícita que sirva aos fins da entidade.