Política de privacidade
Última actualización: agosto de 2026
1. Responsable do tratamento
- Denominación: Asociación Cascarilla Tech
- CIF: G27653849
- Domicilio: Rúa Peñamaría de Llano, 2, 6ºB, A Coruña
- Correo de contacto: asociacion@cascarillatech.org
2. Que datos tratamos e con que finalidade?
Para xestionar a túa alta como socio/a solicitámosche nome, apelidos, DNI/CIF e correo electrónico de contacto. Son os datos mínimos e necesarios para poder identificarte correctamente, evitar altas duplicadas e cumprir coas nosas obrigas legais como asociación. Tratamos eses datos para:
- Xestionar a túa alta e mantemento como socio/a, incluíndo o rexistro actualizado de socios/as que esixe o artigo 14 da Lei Orgánica 1/2002, reguladora do Dereito de Asociación.
- Xestionar o cobro da cota anual de socio/a.
- Informarte de actividades, eventos e novidades da asociación.
- Responder ás túas consultas cando nos escribes por correo electrónico ou a través de calquera formulario da web.
3. Cal é a lexitimación para o tratamento?
A base legal para tratar os teus datos é, segundo o caso: o teu consentimento expreso (ao cubrir un formulario), a execución da relación asociativa da que formas parte como socio/a, e o cumprimento de obrigas legais ás que está suxeita a asociación (como o rexistro de socios/as esixido pola LODA).
4. Por canto tempo conservamos os teus datos?
Conservaranse mentres manteñas a túa condición de socio/a e, tras a baixa, durante os prazos legalmente esixidos para atender posibles responsabilidades. Se só nos escribiches unha consulta, conservaremos os teus datos o tempo necesario para atendela.
5. A quen se comunican os teus datos?
Con carácter xeral, non cedemos os teus datos a terceiros, agás obriga legal. Se para xestionar algún proceso (por exemplo, un formulario de alta) empregamos ferramentas de terceiros como Google Forms, eses provedores actúan como encargados do tratamento e poden implicar unha transferencia dos teus datos fóra do Espazo Económico Europeo, sempre baixo as garantías establecidas polo RGPD (como as cláusulas contractuais tipo). Se isto aplica nalgún momento, indicarémolo expresamente no formulario correspondente.
6. Cales son os teus dereitos?
Podes exercer en calquera momento os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade dos teus datos, escribindo a asociacion@cascarillatech.org. Tamén tes dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) se consideras que non tratamos os teus datos correctamente.
7. Cookies
Este sitio web é estático e non emprega cookies de analítica, publicidade nin de ningún outro tipo que requiran consentimento.