Faite socio/a de Cascarilla Tech

Se che gusta o que facemos e queres botarnos unha man para seguir organizando eventos, charlas e todo o demais, facerte socio/a é o xeito máis directo de apoiarnos. Non fai falla ser un crack da programación nin ter un currículum quilométrico: chega con ter gañas de sumar ao ecosistema tecnolóxico de A Coruña.

Que implica ser socio/a?

  • Participar: tes voz e voto nas actividades e nos órganos de goberno da asociación.
  • Estar informado/a: sabes en todo momento como funciona a asociación e quen a dirixe.
  • Compartir os fins: apoias os obxectivos que tes en Quen somos — promover a tecnoloxía, formar á cidadanía e impulsar o galego no ámbito tech, entre outros.
  • Pagar a túa cota: a achega económica que nos permite seguir organizando cousas (ver abaixo).
  • Cumprir os acordos: os que se tomen validamente nos órganos da asociación (nada raro, o normal en calquera asociación).

Isto resume o que marca a Lei Orgánica 1/2002 reguladora do Dereito de Asociación sobre dereitos e deberes dos socios/as. Se tes 14 anos ou máis podes asociarte, pero se es menor de idade precisas o consentimento documentado de nais, pais ou titores/as legais.

Canto custa?

Short

16 €

Se es estudante, estás sen traballo, ou simplemente sentes que 32 € é moito. Non che imos pedir xustificante — confiamos en ti.

Int

32 €

A cota estándar, a que che recomendamos se podes permitítela sen problema.

Long

64 €

Se queres botarnos unha manciña extra e axudar a que cheguemos máis lonxe.

A cota é anual. Cando abramos as altas, tamén che indicaremos como facer o pagamento.

Como funciona a admisión?

  1. Cubres a túa solicitude de alta cos teus datos.
  2. A Xunta Directiva revisa a solicitude — basicamente para comprobar que non hai duplicados nin ningún tipo de incompatibilidade.
  3. Confirmámosche a alta e xa formas parte de Cascarilla Tech. Benvido/a!
Admisión pechada

De momento non temos aberto o proceso de alta de novos socios/as, pero estamos a traballar niso — moi pronto! Se tes présa por unirte ou calquera dúbida, escríbenos e quedamos á espera contigo.

asociacion@cascarillatech.org

Os datos persoais que nos facilites cando abramos as altas trataranse conforme á nosa Política de Privacidade.