Logo de Cascarilla Tech
  • Quen somos
  • Novas
  • Eventos
  • As nosas amigas
  • Colaboradoras
  • Dossier
  • Faite socio/a

Termos e condicións de alta como socio/a

Última actualización: setembro de 2026

1. Obxecto

Este documento regula a relación entre a persoa solicitante e a Asociación Cascarilla Tech (CIF G27653849, domicilio en Rúa Peñamaría de Llano, 2, 6ºB, A Coruña) ao darse de alta como socio/a. É distinto da nosa Política de Privacidade: alí explicamos que facemos cos teus datos persoais; aquí explicamos que implica formar parte da asociación.

2. Quen pode asociarse

Pode solicitar a alta calquera persoa maior de 14 anos que comparta os fins da asociación recollidos en Quen somos. Se es menor de idade (entre 14 e 17 anos), precisas o consentimento documentado de nais, pais ou titores/as legais para completar a alta.

3. Proceso de alta

A solicitude de alta faise a través do formulario que publicamos en Faite socio/a. O proceso é:

  1. Cubres a solicitude cos teus datos persoais e aceptas expresamente estas condicións.
  2. A Xunta Directiva revisa a solicitude, basicamente para comprobar que non hai altas duplicadas nin ningunha incompatibilidade.
  3. Confirmámosche a alta por correo electrónico e, dende ese momento, formas parte de Cascarilla Tech.

A alta non é efectiva ata recibir esa confirmación, aínda que xa teñas enviado o formulario e aboado a cota.

O pagamento da cota faise por transferencia bancaria. Non publicamos o número de conta nesta web por seguridade: proporcionarémosche os datos necesarios para facer a transferencia unha vez recibamos a túa solicitude de alta.

4. Dereitos e deberes como socio/a

Ao completar a alta, adquires os dereitos e deberes que marca o artigo 21 da Lei Orgánica 1/2002, reguladora do Dereito de Asociación, e os estatutos da entidade. Entre outros:

  • Participar: tes voz e voto nas actividades e nos órganos de goberno da asociación.
  • Estar informado/a: podes coñecer en todo momento a composición dos órganos de goberno e o estado de contas da asociación.
  • Pagar a túa cota: a achega económica anual, nos importes vixentes que se publican en Faite socio/a.
  • Cumprir os acordos: os que se tomen validamente nos órganos da asociación.

5. Baixa

Podes darte de baixa en calquera momento, sen necesidade de xustificación, escribindo a asociacion@cascarillatech.org. A baixa é efectiva dende que a recibimos e non da dereito á devolución da parte proporcional da cota anual xa aboada. Os teus datos persoais trataranse tras a baixa segundo o indicado na nosa Política de Privacidade.

6. Modificación destas condicións

Podemos actualizar estas condicións para adaptalas a cambios normativos ou nos estatutos. Calquera cambio publicarase nesta mesma páxina cunha nova data de actualización, e aplicarase ás novas solicitudes de alta a partir dese momento — non ás persoas xa asociadas, cuxa relación segue rexéndose polas condicións que aceptaron.

7. Protección de datos

O tratamento dos datos persoais que nos facilites para xestionar a túa alta rexístrase na nosa Política de Privacidade.

8. Lexislación aplicable

Estas condicións rexeranse pola lexislación española vixente, en particular pola Lei Orgánica 1/2002, reguladora do Dereito de Asociación. Para calquera controversia, as partes sométense aos xulgados e tribunais que resulten competentes segundo a lei.

© 2026 Asociación Cascarilla Tech. CIF G27653849

A Coruña, Galicia

Aviso legal · Política de privacidade