3MT Global Services tamén colabora en Un día con IA!
Benvidos á comunidade tecnolóxica da Coruña e moitas grazas por axudarnos a facer posible a xornada.
🤝 Un partner boutique, coruñés
3MT Global Services é unha empresa da Coruña, boutique partner de Salesforce, que acompaña ás empresas na súa transformación dixital: comercio, omnicanalidade, eCommerce, CRM e soporte.
O seu lema resume ben como traballan: «O teu partner boutique. Non somos un provedor máis». Intégranse no core de cada cliente, codo con codo cos seus equipos, cun talento específico para cada necesidade.
«Non buscamos ser os máis grandes, senón os máis importantes para cada un de vós.»
Que empresas coma esta se impliquen nun evento comunitario fai que Un día con IA sexa posible e que a entrada siga sendo accesible.
Desde Cascarilla Tech e Coruña JUG só nos queda dicir: grazas, grazas e mil grazas!
📅 Xa tes a túa entrada?
Un día con IA será o 21 de novembro de 2026, de 9:00 a 18:30, na Cidade das TIC. A entrada custa 30 € (o importe destínase integramente á comida) e as socias e socios de Cascarilla Tech teñen desconto.
Ver axenda, charlas e mercar a túa entrada →
💡 A túa empresa quere sumarse? Escríbenos e vemos a forma de colaborar no evento.
