Bahía Software tamén colabora en Un día con IA!
Moitas grazas por apostar pola comunidade tecnolóxica galega e por axudarnos a facer posible a xornada.
🤝 Unha colaboración que fai comunidade
Bahía Software é unha consultora de desenvolvemento tecnolóxico con sede en Santiago de Compostela, que ofrece solucións a medida en sectores como a saúde, a administración pública, a banca ou a industria.
Que empresas coma esta se impliquen nun evento comunitario fai que Un día con IA sexa posible e que a entrada siga sendo accesible.
Desde Cascarilla Tech e Coruña JUG só nos queda dicir: grazas, grazas e mil grazas!
📅 Xa tes a túa entrada?
Un día con IA será o 21 de novembro de 2026, de 9:00 a 18:30, na Cidade das TIC. A entrada custa 20 € (o importe destínase integramente á comida) e as socias e socios de Cascarilla Tech teñen desconto.
Ver axenda, charlas e mercar a túa entrada →
💡 A túa empresa quere sumarse? Escríbenos e vemos a forma de colaborar no evento.
