Hoxe é un día moi especial para nos e esperamos que para a comunidade dixital coruñesa. Nace oficialmente Cascarilla Tech, un espazo aberto e sen ánimo de lucro creado por e para entusiastas da tecnoloxía.


🚀 Cal é o noso plan?

A nosa intención non é só falar de código ou pantallas; queremos ser un punto de encontro real na cidade. Aquí tes un adianto do que imos ir argallando mes a mes:

  • Obradoiros prácticos: Desde aprender a programar desde cero ata cacharrear con hardware, IA ou servidores.
  • Charlas e Almorzos Tech: Encontros informais para debater sobre o impacto da tecnoloxía na sociedade.
  • Proxectos comunitarios: Código aberto con acento galego para axudar a entidades locais.

📅 Próximamente…

Actualmente estamos a preparar o noso seguinte evento xunto con Coruña jug

💡 Queres propoñer algo? Se tes unha idea para unha charla, queres aprender sobre algo concreto ou simplemente che apetece botar un cabo na organización, escríbenos directamente Toda axuda é benvida!

Mantente atento a esta sección de Novas, porque moi pronto subiremos as datas e o lugar do noso primeiro encontro.

¡Grazas por formar parte do nacemento de Cascarilla Tech!