Poñente confirmado para Un día con IA!
O 21 de novembro contaremos con Roberto González González, que nos axudará a ler o mar da IA para elixir a táboa correcta.

Foto de Roberto González González

🎤 A charla: Surfeando o tsunami dev: como elixir a táboa correcta

O tsunami da Intelixencia Artificial pillounos a todos na auga, pero… sabes realmente que onda estás remando?

Aprender a ler o mar para saber que tipo de modelo encaixa mellor co teu proxecto e, se a marea nos dá tregua, cando convén surfear na nube (online) ou cando é mellor montarte a túa propia piscina de ondas privada (on-premise).

👤 Quen é Roberto

Arquitecto e enxeñeiro con máis de 20 anos de experiencia no sector tecnolóxico. Despois de pasar por empresas de diferentes tamaños e sectores, en múltiples roles, actualmente establece estándares técnicos para a adopción e implantación da intelixencia artificial nos equipos de desenvolvemento.

Podes seguilo en LinkedIn.

🎟️ Entradas

Xa hai entradas á venda por 30 € (o importe destínase integramente á comida). Os socios e socias de Cascarilla Tech teñen desconto: faite socio/a e escríbenos para solicitalo.

Ver axenda, charlas e mercar a túa entrada →

Seguiremos anunciando o resto de poñentes moi pronto!