O 21 de novembro celebramos Un día con IA
Cascarilla Tech e Coruña JUG organizamos unha xornada tecnolóxica pensada para conectar comunidade, coñecemento e empresas de A Coruña.
📅 Cando e onde
- Data: sábado 21 de novembro de 2026, de 9:00 a 18:30.
- Lugar: oficinas de Odeene, na Cidade das TIC (A Coruña).
🎤 Que imos ver
Un día enteiro de charlas sobre intelixencia artificial e desenvolvemento con axentes, con pausas para o almorzo, a comida e a sobremesa, que é onde adoitan saír as mellores conversas.
Xa está confirmada a charla de Roberto Garcia Navarro, «Code Is Cheap. Understanding the Business Isn’t.», sobre como manter o criterio de arquitectura cando programamos con axentes de IA. Iremos anunciando o resto de poñentes na páxina do evento.
🎟️ Entradas
A entrada custa 20 € e o importe destínase integramente á comida (sen contar os gastos de xestión de entradas nin o IVE). Os socios e socias de Cascarilla Tech teñen desconto: faite socio/a e escríbenos para solicitalo.
Ver axenda, charlas e mercar a túa entrada →
🤝 Empresas colaboradoras
Grazas a Odeene por participar no evento e acollernos nas súas oficinas.
💡 Colaboras connosco? Se a túa empresa quere formar parte do evento, escríbenos e vemos a forma de facelo.
Contamos contigo!
